Deseñada para a súa colocación pegada á parede ou exenta, a papeleira Onda é un elemento discreto e elegante, mais tamén robusto e resistente. Fabricada en aliaxes de aluminio e aceiro termolacados, incorpora porta abatible con apertura de seguridade para acceso ao cubo. No corpo superior intégrase un elegante cinceiro en aceiro inoxidable que aporta un extra de funcionalidade sempre presente neste exclusivo complemento urbano.

Características Técnicas



  • Cubo: 42 litros realizado en chapa de aceiro S-235-JR galvanizada.
  • Corpo superior: fundición de aluminio EN-AC-44100.
  • Bastidor: aceiro cincado e termolacado.
  • Dimensións: 730 mm × 800 mm.
  • Acabado: desengraxado, aclarado, decapado, neutralizado, cromatizado, lavado, pos de poliéster en cabina e termoendurecido.



Descrición para Proxecto ( 20 Kb. ) Archivo CAD ( 196 Kb. ) Dossier ( 1460 Kb. ) Croquis PDF ( 1460 Kb. )

San Caetano Nº2 Alba 36157 Pontevedra (España)    Teléfono: +34 986 87 14 25    Fax: 986 87 14 14    setga@setga.es
Política de Privacidade | Política de Calidade | Aviso Legal